No día de hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a presentación dos resultados de Es-Mentoring, o programa piloto creado por EspazoCoop, Agaca e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para aconsellar e guiar ás empresas de economía social mentorizadas para o desenvolvemento dos seus proxectos de economía social.
Nesta xornada participaron María Jesús Lorenzana, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Covadonga Toca, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop e Higinio Mougán, Xerente de Agaca, quen salientaron os importantes resultados e obxectivos alcanzados nesta primeira edición de Es-Mentoring.
20 entidades participantes e rede de máis de 50 persoas mentoras
En total atendéronse a 20 entidades da economía social de Galicia, 18 cooperativas e 2 asociacións no sector da discapacidade, das 29 solicitudes recibidas para participar neste proxecto. Es-Mentoring dirixiuse ás empresas da economía social nas que se detectou unha necesidade específica ou que estean nun momento de crise, procesos de cambio, transformación, innovación… e lles interesase compartir as vivencias e experiencias doutras entidades con maior traxectoria e experiencia profesional que se comprometeron a aconsellalas co obxectivo de contribuír ao seu crecemento. As áreas e ámbitos de actuación nas que se desenvolveron estos procesos de mentoría foron comercialización, comunicación, económica – financieira, organizativa, RSE, innovación, ODS, transición dixital ou internalización, entre outras.
Creouse unha rede de 55 persoas mentoras da economía social (33 mulleres e 22 homes) para atender as solicitudes recibidas, personas expertas con elevados coñecementos sobre o funcionamento e procesos no tecido socioeconómico, das que 27 desenvolveron os procesos de mentoría en formato presencial e virtual.